Transparencia

Pensamos que unha asociación ou organización comprometida coa transparencia, é a garantía dun bo uso dos seus recursos e dunha adecuada xestión. A utilidade e pertinencia desta páxina está máis aló do seu obxectivo orixinal, non soamente ha de servir para facilitar as obrigacións dimanadas pola lei 1/2016, senón que temos a convicción de que a transparencia e o seu exercicio, fainos a todos/as máis fortes, cunha base de fondos e sólidos alicerces democráticos.

A Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga» pon a disposición da cidadanía en xeral, a información pública contida ao longo do noso sitio web relacionada coa transparencia e o bo goberno e que recompilamos nesta páxina, en condicións de libre acceso e reutilización, catalogando a documentación pertinente baixo os seguintes epígrafes:


Datos xerais Organización

Denom.: Federación de Cineclubes de Galicia
Acrónimo: «Feciga»
NIF
Réxime Fiscal: REEPE (RDL. 4/2004)
Sector económico: quinario
Normativa contábel: RD. 1491/2011
Dec. de Utilidade Pública: Non solicitada
Rexistro Xunta de Galicia: 2004125-2
Fundación:  8 de xullo de 1984
Persoal asalariado: 1 empregada
Voluntarios/as en cineclubes asociados: ±99
Cineclubes asociados: 22 (ano 2021)
Comarcas: 17 ∕ 53  |  afecta ao 56'67 %
Poboación: 1,531.425 ∕ 2,702.592 hab.

Forma xurídica: Federación (Acta constitución)
Normativa: Estatutos (EE.) e LO 1/2002
Órgano de goberno: Xunta Reitora (XR.)
Xunta reitora 201720: 7 ∕ 8 (art.6 dos EE.)
Funcións XR.: Organigrama e art.12 dos EE.)
Xénero: HM[146] 79% ∕ 21% (19852020)
Regulamento interno e actas: Intranet
Órgano sancionador: XR (art.38 dos EE.)
Garantías: avaliación da Asemblea Xeral (AX)
Contacto: formulario e enderezo legal
Caixa de suxerencias: Uservoice
Canle de denuncias: /invite @feciga:matrix
Vínculos: CCEE e FICC
Sobre o tratamento dos datos persoais, a xurisdición e lei aplicábel… dispón de máis información detallada na nosa nota legal e política de privacidade, amais da declaración de accesibilidade para os nosos dominios web rexistrados e as súas condicións de utilización.

Contractuais e de bo goberno Difusión

Convenios e contratos: 1 (último exercicio)
  • Asinouse un convenio [.pdf · 1'4 MB] de colaboración coa Agadic por importe de 30.000  destinados ao mantemento dunha programación estábel e de calidade nos cineclubes galegos como alternativa aos circuítos cinematográficos comerciais.
Sobre a Xunta Reitora (XR)…
Retribución da XR: gratuíta (art.7 dos EE.)
Gastos da XR no último exercicio: ningún
Indemnizacións: ningunha, non se contemplan
Agasallos recibidos: ningún


Memorias: dispoñemos dunha páxina específica onde recompilamos as actividades realizadas e as vindeiras na nosa axenda, así como dos balances e orzamentos económicos no noso repositorio documentábel.
Comunicacións: tamén é posíbel obter máis información do traballo que realizamos na nosa sala de prensa e nos boletíns electrónicos enviados e dun fío (RSS) de noticias da web e o noso blogue, amais das redes sociais.
Oferta/s de traballo/s: ningunha no/s último/s exercicio/s.
A Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga» atópase ao corrente das súas obrigas tributarias e da seguridade social, sen débedas no período executivo. Tampouco está en ningún proceso de (pre)concurso de acreedores nin situación análoga.
Con respecto á idoneidade e bo goberno da XR e consonte ao manual LPBCFT aprobado pola AX para dar cumprimento á Lei 10/2010, faise constar que non teñen inhabilitación para a lei concursal nin tampouco para o exercicio de cargos públicos ou de administración ou dirección de entidades, asemade de non estar incursos en causas de incompatibilidade, incapacidade ou prohibición de acordo coas leis.


Estatística


Deseguido, amósanse nunha gráfica, un extracto dos datos económicos que atinxen con respecto á lei de transparencia e á obrigación de publicidade activa (BOE.  295 – lei 19/2013 amais do DOG. lei  30 – 1/2016).



 
 

Anos
2019 2020
Ingresos

63.539

45.880

Gastos

98.651

72.353

Subvencións

18.750

36.250

100.000

80.000

60.000

40.000

20.000



 

Documentos contractuais




Tipo Asinantes Orzamento Exercicio Tipo de arquivo 
Convenio colaborativo Feciga ⁄ Agadic  30.000    2020  .pdf · 1'4 MB
Convenio colaborativo Feciga ⁄ Agadic  25.000    2019  .pdf · 4   MB
Convenio colaborativo Feciga ⁄ Agadic  25.000    2018  .pdf · 209 kB
Convenio colaborativo Feciga ⁄ Agadic  25.000    2017  .pdf · 3'5 MB
Convenio colaborativo Feciga ⁄ Agadic  25.000    2016  .pdf · 3'6 MB
Convenio colaborativo Feciga ⁄ Agadic  24.000    2015  .pdf · 3'5 MB


Lembramos que a licenza xeral para todos os materiais e recursos dispoñíbeis neste sitio, agás que se indique o contrario, é Creative Commons BY-NC-SA (ccFeciga.


  1. Está prohibido desnaturalizar o sentido da información.
  2. Debe citarse a fonte dos documentos obxecto de reutilización.
    Esta cita debe de conter a expresión «Orixe dos datos: FECIGA ‑ Transparencia».
  3. Debe mencionarse a data da última actualización dos documentos obxecto de re–utilización, sempre e cando estivese incluída no documento orixinal.
  4. Non se poderá indicar, insinuar ou suxerir que a Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga», titular da información, participa, patrocina ou apoia a reutilización de quen a leva a cabo.
  5. Deben conservarse e non alterarse, nin suprimirse, os metadatos sobre a data de actualización e as condicións de reutilización aplicábeis incluídos, no seu caso, no documento posto a disposición para a súa reutilización.


Actualización:  1 de xullo de 2021


Datos xerais

  •  

    Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga»

     
  • NIF

    Réx. Fiscal: REEPE
  • RexXG: 2004125-2

  • Fundación:  8/07/1984

  • Cineclubes asoc.: 22

     
  • Federación de Cineclubes de Galicia rúa Ramón Cabanillas 1
    32004 Ourense


    +(34) 988 235 946

     

Memorias





 

Apoios

 

(cc) Creative Commons BY-NC-SA 3.0. • Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga»