Cineclubes de Galicia pertencentes á «Feciga»

Faianos que un grupiño do máis heteroxéneo, agás pola súa afección polo cinema, reuníronse ao redor dunha mesa, por mor dunha convocatoria nos medios de comunicación locais do xornalista Jorge Casanova; a súa inquedanza: acadar ver un cinema distinto ao presente nas carteleiras, sobre todo en vilas pequenas como a de Monforte de Lemos.
Axiña se puxo en marcha unha modesta programación, organizada as veces en ciclos temáticos ou por directores. Estas primeiras proxeccións tiñan lugar na Casa da Cultura e alongábase nun animado cinefórum.
Despois, pasaron a proxectar en 35mm, no «Teatro-cine Lemos», por un curto período de tempo, debido ao peche da sala en abril de 1998.
A derradeira proxección da sala foi unha sesión especial na que se exhibiu «Tren de Sombras», de José Luis Guerín.
Posteriormente, comezaron as sesións nos Multicines Hollywood, e o esquema de proxeccións é dun filme todos os últimos mércores do mes; ademáis de organizar anualmente, no mes de outubro, un pequeno festival de catro longametraxes como tamén, as proxeccións destinadas ao público infantil nas datas de vacacións.
O cineclube A Calexa é un referente cultural ineludible na súa vila e comarca, grazas sobre todo aos socios e socias e un público fiel, que valora todo o traballo desenvolto neste anos, as exposicións, os cartaces, os seus programas de man, os seus boletíns… etc. como tamén a súa regularidade nas proxeccións.
A implicación activa na vida cultural vai dende colabouras con todo tipo de asociacións e colectivos, programas de TV e radio, tratando de espallar o gusto polo bo cinema, así como compartir os seus coñecementos, ben como membros do xurado en diversos festivais cinematográficos portugueses (Viana do Castelo, Porto, Lisboa... etc.) ou tamén nas Xociviga do Carballiño.
No ano 2005 grazas ao decidido apoio do Concello de Monforte así como do comercio monfortino, acadaron un trienio intenso de actividades na súa nova historia até o ano 2009, que por mor da crise, viuse reducido a contadas colaboracións e actividades que a súa economía lles permita sufragar; con todo no ano 2013 foron quen de organizar un «Encontro de Cineclubes», a súa actividade entumecéuse pola por falta de efectivos humanos principalmente amais dos económicos.
Últimas noticias do cineclube
A Calexa




- Multicines Hollywood
rúa Otero Pedrayo 31
27400 Monforte (Lugo)


* Último mércores do mes.
Na «MOSTRA» luns ás 22:30 h.
(Horarios CET)
Contacto
- Para gardar os datos do cineclube na tú axenda…
VCard ·
QR
[.vcs • 4 KbkB]
+ℹ Acerca do código «QR»